Que é o PIALE?

O PIALE é un Programa Integral de Aprendizaxe de Linguas Estranxeiras que se vén realizando en Galicia dende hai uns anos. Grazas a el, profesorado de distintos niveis educativos accede a itinerarios formativos para a mellora da súa competencia lingüística.

Este ano, moitos/as profesores/as gozamos desta estancia formativa en países como Francia, Portugal, Alemaña, Reino Unido ou Canadá en distintas modalidades do programa. Para obter máis información sobre como solicitalo e das súas características, podedes consultar este enlace.

No meu caso, participei na modalidade 1, integración en Canadá. Do 6 de novembro ao 5 de decembro de 2018 estiven en Ottawa cun grupo de 40 profesores/as en total de diversas etapas educativas e de materias diferentes. Á nosa chegada, todos tivemos unhas sesións de introdución nas que nos deron datos útiles sobre Ottawa e Canadá, información básica para movernos pola cidade e unha explicación detallada do que se esperaba de nós durante a estancia. Nas seguintes tres semanas, cada profesor/a asistiu a un centro diferente, no que puidemos descubrir en certa medida como funcionan as escolas, como traballan os/as docentes alí, o tipo de alumnado que teñen, etc. Durante este tempo tivemos que facer dous informes reflexionando sobre a nosa experiencia e o que iamos descubrindo, para entregárllelo aos organizadores do noso programa alá. Ademais, tamén realizamos diversas actividades grazas ás que nos mergullamos na cultura canadense e puidemos coñecer un pouco máis o país.

Criado com o Mozello - o construtor de site mais fácil de usar do mundo.

 .