Ottawa

Ottawa é a capital de Canadá e por este motivo, a pesar de estar na provincia de Ontario, que é angloparlante, ten tamén un gran número de falantes de francés e os dous idiomas están presentes en todos os ámbitos (podes ser atendido en francés ou inglés nun hospital, os sinais están nos dous idiomas, etc.). Ottawa conta con pouco máis dun millón de habitantes e é un bonito lugar en Canadá onde apreciar sitios patrimoniais e famosos monumentos, como por exemplo Parliament Hill ou o Rideau Hall. No inverno cobra especial importancia o canal Rideau, declarado patrimonio mundial pola UNESCO, xa que durante varios meses (normalmente xaneiro-febreiro) convértese na pista de patinaxe máis grande do mundo.

Esta é unha cidade chea de cultura, con museos e galerías impresionantes que a miúdo ofrecen exposicións de artistas de todo o mundo. A multiculturalidade, característica do país, está manifesta alá onde mires, dende as rúas aos lugares máis formais.

Ottawa é a cuarta cidade máis grande do país, é abarcable en comparación con outras grandes urbes de América do Norte, ten un centro urbano moi cosmopolita e acolledor, o histórico ByWard Market é unha zona de ocio e compras de obrigada visita. Tamén hai outros barrios interesantes como pode ser a zona de Bank Street, con numerosas tendas e murais exteriores que decoran paredes e fachadas.

Moi preto atópase Gatineau Park, un luxo a poucos quilómetros para os amantes das camiñadas pola natureza. Hai moitos e moitas amantes do deporte neste país, incluso nos meses de máis frío, dende patinaxe sobre xeo, hóckey, correr ou andar en bicicleta, a neve non para a ninguén!

Criado com o Mozello - o construtor de site mais fácil de usar do mundo.

 .