Ola! Son María José Tenorio del Río, profesora de inglés no CIFP Manuel Antonio de Vigo. Este ano tiven a oportunidade de participar no programa de inmersión lingüística para profesorado da  Xunta de Galicia e gocei dunha estancia dun mes en Canadá.

Nesta convocatoria houbo dous grupos, un en outubro e outro en novembro; eu fun parte da segunda quenda, polo que o 6 de novembro saín de Santiago de Compostela con destino a Ottawa, cidade na que estiven un mes asistindo a un centro educativo, vivindo cunha familia canadense e realizando diversas actividades culturais. O día 4 de decembro emprendín a viaxe de volta, coa maleta chea de enriquecedoras vivencias e aprendizaxes.

Esta páxina, creada como parte do meu plan de difusión, ten como obxectivo dar a coñecer a miña experiencia.

Criado com o Mozello - o construtor de site mais fácil de usar do mundo.

 .